InicioOrientalRibadeoA exposición Ría de Ribadeo poderá verse na oficina de turismo até...

A exposición Ría de Ribadeo poderá verse na oficina de turismo até o 5 de xaneiro

O rexedor felicitou ao obradoiro de emprego polo traballo realizado. Desde o Concello animan a achegarse á Oficina de Turismo a ver esta exposición sobre a Ría de Ribadeo.

Publicada o

- Advertisement -

Ata o 5 de xaneiro pódese visitar na Oficina de Turismo a exposición Ría de Ribadeo, que foi organizada polo obradoiro de emprego Vilas Coidadoras dentro da especialidade de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais.

A mostra está composta por trece planos e cartas náuticas da ría de Ribadeo, que van desde o ano 1662 ao 1932. Tamén se poden atopar aparellos de navegación cedidos polo mariñeiro xubilado Adolfo Conrado Álvarez Márquez, reproducións de instrumentos de cartografía antiga así como maquetas de barcos de época realizadas por Alfredo Sánchez.

Ao acto de inauguración da exposición asistiron o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Cultura e Turismo, Pilar Otero e Pablo Vizoso. O rexedor felicitou ao obradoiro de emprego polo traballo realizado. Desde o Concello animan a achegarse á Oficina de Turismo a ver esta exposición sobre a Ría de Ribadeo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...