InicioOrientalRibadeoObradoiro de cocreación de economía circular en Ribadeo para traballar nun signo...

Obradoiro de cocreación de economía circular en Ribadeo para traballar nun signo distintivo común

O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, explica que “desde o Concello de Ribadeo quérese avanzar no deseño dun distintivo diferenciador que poña en valor aos establecementos que aposten pola sostibilidade e pola economía circular".

Publicada o

- Advertisement -

O vindeiro luns, 19 de decembro, na Casa do Concello de 10 a 14 horas terá lugar dentro do Programa de Economía Circular un Obradoiro de CoCreación no que se traballará o deseño colectivo dun signo distintivo común (selo verde) para os establecementos comprometidos coa transición circular e sostible do turismo en Ribadeo.

O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, explica que “desde o Concello de Ribadeo quérese avanzar no deseño dun distintivo diferenciador que poña en valor aos establecementos que aposten pola sostibilidade e pola economía circular. Aproveitárase a xornada para debater e traballar sobre outras posibles iniciativas que poidan xurdir arredor de todas as oportunidades que está a xerar a economía circular”.

A xornada estará aberta a todas persoas e establecementos que desexen participar independentemente do sector. As persoas interesadas poden obter máis información ou ben no teléfono do Concello na Área de Desenvolvemento Local ou no correo electrónico adl@ribadeo.org

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...