InicioOrientalRibadeoO PP de Ribadeo acusa ao goberno local de ter abandonados os...

O PP de Ribadeo acusa ao goberno local de ter abandonados os aparcadoiros da vila e reclama instalacións “decentes e dignas”

A coordinadora de promoción local Marta Saiz do PP local, explica que Ribadeo leva preto de 20 anos sen unha planificación seria para darlle unha solución real á construción dun aparcamento público.

Publicada o

- Advertisement -

O grupo municipal popular de Ribadeo reclama a construción de aparcamentos públicos para a vila e denuncia a actitude de total abandono do goberno do BNG neste asunto. “Despois de preto de 20 ano non hai ningún aparcamento novo, referímonos a un decente e ben ubicado e no que non faga falta levar catiuscas para baixar do coche”, explica a coordinadora de promoción local, Marta Saiz.

Para Saiz, os anuncios “a bombo e platillo” feitos polo goberno do BNG no son máis que “prados alugados ou solares prestados cheos de lama e auga en inverno, e terra e pó en verán”. A coordinadora refírese ao mal estado dos aparcamentos públicos de Ribadeo, que non están en condicións adecuadas para o seu correcto uso e funcionamento, por iso, desde o grupo popular lamentan que o goberno do BNG faga todo “rápido e correndo”. Neste sentido, o que piden é un aparcamento en condicións con pavimentación que permita as zonas de tránsito e as zonas de prazas de aparcamento, e non un estacionamento cheo de gravilla e terra.

“Ademais, estívose investindo en escombros e grava. Xa sabemos que o investimento é pequeno, pero pequeno ou grande foi feito en chan que nin sequera é público. Unha situación que repercute negativamente no tecido económico de Ribadeo”, engade Marta Saiz.

PETICIÓNS REITERADAS

Pola súa parte, a vicevoceira do grupo municipal popular, Elena Sierra destaca que non é a primeira vez que levan a pleno o asunto dos aparcamentos públicos. Sen embargo, desde o goberno do BNG “a actitude é a de sempre, non prestan atención, non fan caso das nosas peticións e mesmo temos escoitar faltas de respecto nos plenos “.

“Non calaremos, seguiremos achegando ao pleno as propostas para que fagan aparcadoiros dignos para a vila, porque nós traballamos para que Ribadeo avance” di Sierra.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...