InicioOrientalRibadeoObradoiros tecnolóxicos para rapaces na CEMIT de Ribadeo

Obradoiros tecnolóxicos para rapaces na CEMIT de Ribadeo

Durante os obradoiros, o monitorado adapta os contidos ás características de cada grupo, tendo en conta as áreas STEAM.

Publicada o

- Advertisement -

A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá os días 23 e 24 de agosto uns obradoiros tecnolóxicos para a rapazada. Para participar é preciso inscribirse ata o día 22. As prazas son limitadas e poden reservarse online en cemit.ribadeo.gal ou en https://tinyurl.com/2adbref6

O 23 de agosto os obradoiros estarán destinados a nenas e nenos de 8 a 11 anos. E o 24 de agosto para rapazas e rapaces de 12 a 15 anos. O horario será de 10 a 13 horas.

Desde a Concellería de Mocidade explican que “se trata de impulsar actividades de mentorado desde idades temperás dirixidas á rapazada, especialmente ás nenas, para rachar estereotipos e espertar o seu interese e  confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM (acrónimo de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, artes e matemáticas) a través de obradoiros lúdicos, onde aprender e experimentar coa tecnoloxía, coa finalidade principal de fomentar o talento e espertar vocacións tecnocientíficas”.

Durante os obradoiros, o monitorado adapta os contidos ás características de cada grupo, tendo en conta as áreas STEAM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, artes e matemáticas)

Desde Mocidade indican que “o grupo de 8-11 anos participará nun obradoiro de stop motion con luces led. E o grupo de 12-15 anos realizará unha actividade de introdución aos tecidos intelixentes. Durante os obradoiros traballarán de xeito transversal cuestións como a igualdade, o sentido crítico ante a tecnoloxía e o seu uso creativo, máis alá do mero uso e consumo, a importancia da colaboración e o traballo en equipo, así como a relevancia das artes como ferramenta de desenvolvemento”.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...