InicioOrientalO portavoz do PSOE en Riotorto denunciará ante a Xustiza que o...

O portavoz do PSOE en Riotorto denunciará ante a Xustiza que o Concello lle cortou a auga

Pepe García ten claro que isto obedece a "unha persecución política" por parte do alcalde.

Publicada o

- Advertisement -

O portavoz do PSOE no Concello de Riotorto, Pepe García, non dispón do servizo da auga no seu domicilio desde este xoves e asegurou que denunciará ante a Xustiza que o Concello lle cortase a subministración.  O goberno local que preside o popular Clemente Iglesias procedeu ao corte na xornada deste xoves nunha acción que obedece, segundo o líder da oposición, a unha “clara persecución política”.

García pregúntase o “porqué” de tal decisión dado que asegurou que está “ao corrente do pago dos recibos”. “Que estou a pagar puntualmente”, abundou. “O alcalde empeñouse en que tiña que instalar contador cando a maior parte dos veciños non teñen contador”, lamentou o dirixente político da oposición en Riotorto. Así, avanzou que denunciará “ante a Xustiza”. “Ao Contencioso Administrativo porque xa fixemos alegacións (ante o Concello) a esa decisión que se desestimaron. “Agora non nos queda máis remedio que ir ao Contencioso Administrativo”, resolveu.

DESAVINZAS

Pepe García ten claro que isto obedece a “unha persecución política, é evidente”, e así relatou que a orixe deste “conflito” se sitúa “por mor de meter no Concello como administradora á súa señora (á muller de Iglesias), a través do Plan Único da Deputación, que nós denunciamos porque non nos pareceu ético posto que realmente non foi unha cousa clara”.

As desavinzas veñen de “vello”, lembrou, entre ambos os políticos que se manifestan nos plenos. No último García denunciou como Clemente Iglesias lle increpou e xa o ameazou con “cortarlle” a auga.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...