InicioOrientalRiotortoOs socialistas de Riotorto piden ao alcalde que "se poña a traballar"...

Os socialistas de Riotorto piden ao alcalde que “se poña a traballar” na roza de pistas forestais e municipais

O voceiro socialista, José García, insiste en que as pistas forestais teñen que ser unha prioridade para vivir dignamente no rural.

Publicada o

- Advertisement -

O Voceiro Socialista de Riotorto, José García, denunciou o abandono das pistas forestais e municipais do Concello. O socialista critica que o Goberno do PP de Clemente  “ten sen rozar as pistas forestais e municipais“, polo que empraza ao alcalde e ao seu Goberno “a que se poñan a funda e se poñan a traballar por mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza”.

García asegura que os veciños e veciñas que lle transladaron as queixas “criticaron esta lamentable situación”, como é o caso da ruta do Ferro, “un atractivo turístico máis da vila que tamén está desatendido”. O socialista recorda que hai pistas da vila que non se limpan dende o ano 2015, último ano do goberno do PSOE no que realizaron “unha limpeza de 300 quilómetros de pistas do Concello a través dun Convenio”, segundo o voceiro.

José García critica que a día de hoxe moitas pistas están intransitables, o que dificulta o tránsito de gandeiros, polo que insiste en que “as pistas forestais e municipais teñen que ser unha prioridade se queremos traballar e vivir no rural dignamente”.

ÚLTIMAS

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...

Acto vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

O photocall do Nadal de Acisa Ribadeo, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi obxecto...

Iván Cabanas: “Ceibarrimas quere traer o rap á zona e animar á xente de aquí a rapear”

-Que é o Ceibarrimas e cal é a finalidade do mesmo? Consiste en facer “batallas...

Burela renovará o saneamento da rúa Portelo e da zona de Ril

O Concello de Burela renovará con dúas obras os servizos e a accesibilidade da...