InicioOrientalRibadeoAprender a elaborar cervexa, unha nova actividade formativa no rural de Ribadeo

Aprender a elaborar cervexa, unha nova actividade formativa no rural de Ribadeo

O plan de formación rural deu comezo o pasado 23 de outubro cun curso de elaboración de pan, ao que lle seguiu outro de xabón e este sábado o de elaboración de cervexa.

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo continúa co plan de formación rural, desta volta cun curso de elaboración de cervexa. Desenvolveuse na Escola de Ove desde as dez da mañá ata as sete da tarde cunha importante asistencia de participantes. O alcalde, Fernando Suárez, e varios edís do equipo de goberno realizaron unha visita ao curso.

O plan de formación rural deu comezo o pasado 23 de outubro cun curso de elaboración de pan, ao que lle seguiu outro de xabón e este sábado o de elaboración de cervexa. Xa en decembro terán lugar unhas xornadas de cosmética natural o día 4 en Vilaframil e un curso para a elaboración de queixos os días 11 e 12 na escola de Remourelle.

Todas estas actividades, que tan boa acollida están a ter, son de balde.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...