Ourol, A Pontenova e Riotorto libres da praga da pataca

a zona tampón para conter esta praga afecta a varios concellos da Mariña.

Plantación de pataca. AXM

Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución da Consellería de Medio Rural pola que un total de 16 municipios das provincias da Coruña e Lugo quedan libres da praga da pataca.

En concreto, trátase dos municipios lucenses de Abadín, Muras, Ourol, A Pastoriza, A Pontenova e Riotorto. Esta decisión, que agora se publica, xa se comunicou o pasado 23 de novembro con motivo da comisión de seguimento da polilla guatemalteca, na que se identificou un “avance significativo” na contención da praga previa a unha “unha posible erradicación”.

ZONAS TAMPÓN

No tocante a zonas tampón, de separación con áreas infestadas, pasan a considerarse así á totalidade da superficie dos municipios de: Cedeira, Cerdido, Mañón, Moeche, Narón, San Sadurniño e Valdoviño.

Na provincia de Lugo, a zona tampón afecta os municipios de: Alfoz, Barreiros, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove. Ocorre o mesmo nas parroquias de Balboa, Fórnea, Ría de Abres, Sante, Vidal, Villaformán e Villapena, no municipio de Trabada.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here