InicioOrientalRibadeoO Concello de Ribadeo e o colectivo As Vacas Fracas organizan actividades...

O Concello de Ribadeo e o colectivo As Vacas Fracas organizan actividades para o Día Internacional do Orgullo LGBTIQ

Cada ano conmemórase este día en recordo aos disturbios de Stonewall, Nova York, en 1969, cando a policía cargou con extrema violencia contra varios establecementos frecuentados por persoas LGTB.

Publicada o

- Advertisement -

A Concellaría de Igualdade, Ensino e Mocidade organiza, en colaboración co colectivo As Vacas Fracas, unha serie de actividades de carácter lúdico para conmemorar e reivindicar o próximo 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBIQ (Lésbico, gai, trans, intersexual, queer).

Cada ano conmemórase este día en recordo aos disturbios de Stonewall, Nova York, en 1969, cando a policía cargou con extrema violencia contra varios establecementos frecuentados por persoas LGTB. Desde entón, houbo un punto de inflexión, a comunidade LGTB comezou a loitar polos seus dereitos e creou campañas que conseguiron converterse en símbolos internacionais pola defensa da liberdade e a promoción da igualdade de oportunidades para todas as persoas.

Desde a Concellaría de Igualdade sinalan que “a diversidade sexual e de xénero cobran sentido desde o recoñecemento da diferenza, cando tomamos conciencia de aínda que non somos iguais, cada persoa ten a súa propia orientación, identidade e sexualidade. E isto non nos fai nin mellores nin peores porque o importante é que somos iguais en dereitos. A diversidade é positiva, enriquece e debe valorarse para garantir a liberdade de expresión de todas as persoas”.

O programa de actos que se desenvolverán en Ribadeo é o seguinte:

O sábado, 25 de xuño, realizarase un mural e un obradoiro de graffitis e técnicas mixtas no pavillón municipal ás 17:00 horas co colectivo As Vacas Fracas.

O 26, domingo, ás 20 horas comezará o ciclo de cinema, no Cinema Teatro, coa proxección da película Carmen e Lola, de Arantxa Echevarría.

O luns, 27 de xuño, a partir das 17 horas desenvolveranse unha serie de obradoiros infantís de técnicas mixtas, no Parque San Francisco, orientadas na diversidade. Estas actividades están destinadas e nenas e nenos con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. En caso de circunstancias climatolóxicas adversas estas accións trasladaranse á Escola Municipal de Música e Danza.

Para a xente moza e a adulta ás 20.00 horas no Teatro proxectarase no Teatro Sedimentos, de Adrián Silvestre, un filme que poderá ver calquera persoa a partir dous 13 anos.

As actividades programadas rematarán o 28 de xuño ás 19:30 horas coa presentación do mural no pavillón municipal.

Tamén a Casa do Concello lucirá a bandeira LGTBI. Desde a Concellaría de Igualdade subliñan que “desde o Concello de Ribadeo continuamos co noso compromiso coa igualdade e contra a discriminación de xénero e das características sexuais de cada quen”.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...