InicioOrientalTrabadaTrabada finaliza as obras de mellora nas instalacións do polideportivo de Sante

Trabada finaliza as obras de mellora nas instalacións do polideportivo de Sante

“Esta infraestrutura renovada súmase a outros equipamentos novos ou reformados, que amplían as opcións deportivas de Trabada”, explica Mayra García Bermúdez, alcaldesa de Trabada.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de trabada anuncia a finalización dos traballos de mellora nas instalacións do pavillón polideportivo de Sante. O proxecto permitiu acondicionar novos vestiarios nas instalacións, para lograr un maior aproveitamento do pavillón, así como substituír a porta principal por unha de maiores dimensións.

Dende o Goberno local deuse prioridade a esta actuación, moi necesaria para a parroquia de Sante. Ademais, no pavillón de Sante realizáronse anteriormente outros traballos, como a substitución da cuberta ou o cambio das luminarias.

Estes traballos no pavillón de Sante súmanse a outros traballos de mellora dos equipamentos deportivos do municipio. Entre esas obras, inclúense a mellora e equipamento do ximnasio municipal e os vestiarios do pavillón de Trabada, a construción da pista de pádel municipal ou as obras de instalación dunha pista multideporte no CEIP Plurilingüe Celso Currás.

Dende o Goberno local marcámonos como obxectivo ampliar e mellorar os equipamentos deportivos do municipio. Esta infraestrutura renovada súmase a outros equipamentos novos ou reformados, que amplían as opcións deportivas de Trabada”, explica Mayra García Bermúdez, alcaldesa de Trabada.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

ACISA Ribadeo suma case 30 novos asociados en 2023

Acisa Ribadeo suma case 30 novos negocios asociados neste ano 2023, cifra record de...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...