O Concello de Trabada promociona os seus atractivos turísticos en Fitur 2023, unha das feiras do sector máis importantes do mundo que se celebra esta semana en Madrid.
No contexto post-pandemia actual, os destinos de natureza e desconexión son moi demandados, polo que os turistas valoran a aposta de concellos como Trabada pola contorna natural e as actividades ao aire libre.
“Desde o concello apostamos pola promoción de Trabada e dos seus recursos: patrimonio natural, actividades ao libre e no río Eo, gastronomía, descanso e o Camiño do Norte a Santiago”, explica a alcaldesa, Mayra García Bermúdez.
Para fortalecer e ampliar esta oferta e os servizos para os turistas, neste mandato inaugurouse o Museo Etnográfico José Rocha, no que se sitúa a Oficina de Turismo na que hai contratado un técnico de turismo, o albergue municipal de San Xiao e o espazo para autocaravanas.