InicioOrientalTrabadaXornada para a veciñanza de Trabada para achegarse á administración electrónica

Xornada para a veciñanza de Trabada para achegarse á administración electrónica

A iniciativa 'A Administración Cerca de Ti' está enmarcada nas políticas de reto demográfico para avanzar na eliminación da fenda dixital no territorio.

Publicada o

- Advertisement -

A Casa da Cultura do Concello de Trabada acolle o xoves 9 de febreiro unha sesión informativa do programa ‘A Administración Cerca de Ti’.

Persoal da Subdelegación do Goberno en Lugo ofrecerá asesoramento aos veciños e veciñas sobre os trámites e xestións habituais que deben realizar por Internet. Responderá ademais todas as dúbidas acerca da Administración electrónica. O horario da xornada será de 11:00 a 13:00 horas.

Desde o Concello de Trabada queremos dar servizos e información práctica á veciñanza e por iso xestionamos a nosa participación neste programa, que achega as ferramentas da administración dixital a todo tipo de usuarios”, explica a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez.

A iniciativa ‘A Administración Cerca de Ti’ está enmarcada nas políticas de reto demográfico do Ministerio de Política Territorial, en colaboración coa FEMP, para avanzar na eliminación da fenda dixital no territorio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...