InicioOrientalTrabadaTrabada entra no programa RuralTic do Goberno para impulsar a formación dixital...

Trabada entra no programa RuralTic do Goberno para impulsar a formación dixital da veciñanza

“Este programa encaixa dentro do obxectivo do Concello de Trabada de ofrecer á nosa veciñanza as ferramentas que lles permitan entender o eido dixital”, explica a alcaldesa Mayra García Bermúdez.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada adheriuse ao programa InecoRuraltic, promovido dende o Ministerio de Transporte, Movilidad y Agenda Urbana co obxectivo de contribuír a impulsar o medio rural a través da dixitalización.

Desde o luns e durante 15 días, o concello acollerá diferentes actividades e iniciativas, con dous técnicos do ministerio que estarán aloxados nas vivendas rehabilitadas recentemente polo concello nas antigas escolas de Vilapercide e Trabadela.

A Casa da Cultura do Concello de Trabada acolle o vindeiro martes, 14 de marzo, os dous primeiros talleres de formación en novas tecnoloxías deste programa.

O primeiro dos talleres será o de Dixitalización Social, a partir das 11:00 horas, dirixido en especial a maiores e a mozos e mozas. A formación vai encamiñada a superar as barreiras tecnolóxicas, aumentar a súa autonomía persoal e reducir a fenda social.

A partir das 20:00 horas, o Taller sobre Dixitalización Económica estará dirixido ao sector empresarial de cara a fomentar a visibilización dos seus negocios e ofrecerlles liñas mestras para o desenvolvemento de páxinas web.

“Este programa encaixa dentro do obxectivo do Concello de Trabada de ofrecer á nosa veciñanza as ferramentas de formación que lles permitan competir e entender o eido dixital en igualdade de condicións, polo que animo ao tecido empresarial e aos veciños a participar”, explica a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...