InicioOrientalTrabadaO PP de Trabada recorrerá á Valedora se o Concello non lles...

O PP de Trabada recorrerá á Valedora se o Concello non lles permite reunións cos veciños en locais municipais

. Así o indica o portavoz popular, José María Fernández, que acaba de presentar o recurso contra a decisión da rexedora, que, na súa opinión, vulnera o “dereito Constitucional de participación política” .

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Trabada acudirá á Valedora do Pobo se a alcaldesa non permite que celebre reunións con veciños en locais O PP recorrerá á Valedora do Pobo se a alcaldesa de Trabada non acepta o recurso que presentou contra a súa resolución de denegar o permiso para o uso de locais municipais nas parroquias para reunión cos veciños. Así o indica o portavoz popular, José María Fernández, que acaba de presentar o recurso contra a decisión da rexedora, que, na súa opinión, vulnera o “dereito Constitucional de participación política” e constitúe un abuso e unha demostración de falta de respecto ao dereito de participación política.

Fernández explica no recurso que as reunións para as que pedía o uso de locais municipais nas parroquias teñen por finalidade escoitar as propostas dos veciños, nun exercizo de participación cidadá ordinaria. Os populares, da resolución da alcaldesa, sacan en conclusión que “non existe ningún problema que teña que ver con outro uso municipal nesas datas, nin que interfira noutra actividade municipal que se impedise ou dificultase con dito uso”.

Consideran que a alcaldesa incumpre “a obriga legal de dotar de medios aos concelleiros no exercicio das funcións que nos atribúe a Lei; son medios que existen, dos que dispón o Concello de Trabada (locais sociais relacionados na solicitude) e que se atopan pechados e sen uso municipal nas datas indicadas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...