O salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Trabada acolle este venres, día 24 de marzo, unhas Xornadas sobre a Emigración.
Dende ás 16:00 horas, os veciñas e veciños do concello compartirán as súas experiencias como emigrantes, nun intercambio de vivencias a prol de multiculturalidade.
“Desde o Concello queremos visibilizar a emigración, entendendo e recoñecendo que se trata dun fenómeno que é presente, pero que tamén foi pasado por suposto para os galegos”, subliña a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez.
Dende o Concello de Trabada agradecen de antemán a xenerosidade de todos os participantes neste acto aberto a toda a veciñanza.