InicioOrientalTrabadaMariña Patrimonio organiza para o vindeiro sábado unha visita polo patrimonio de...

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro sábado unha visita polo patrimonio de Trabada

Está previsto achegarse ao marco da Pena Verde, ás mámoas das Pallaregas e visitar a Igrexa de Vilapena e mailo Museo Etnográfico de Rocha, en Trabada.

Publicada o

- Advertisement -

Mariña Patrimonio organiza unha actividade para o próximo sábado, día 1 de abril, co fin de coñecer o patrimonio de Trabada. En xornada de mañá, está previsto achegarse ao marco da Pena Verde, ás mámoas das Pallaregas e visitar a Igrexa de Vilapena e mailo Museo Etnográfico de Rocha, en Trabada. Tralo xantar, no mesón Camiño Norte de Trabada, visitarase a igrexa de Sante e finalmente rematará a xornada cunha visita a un obradoiro dunha ceramista local.

A data para apuntarse rematou xa, pero se algunha persoa máis quere participar, comuniqueo o antes posible a mr.patrimonio@gmail.com para facilitar a organización da actividade. O itinerario do autobús será, desde Viveiro, pasando por Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Trabada.

Para máis información e coñecer os detalles desta visita ao concello de Trabada, pódese consultar o blog de Mariña Patrimonio http://mrpatrimonio.blogspot.com.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...