InicioOrientalTrabadaResposta do Concello de Trabada á denuncia do candidato do PP por...

Resposta do Concello de Trabada á denuncia do candidato do PP por non avaliar a súa nai para entrar na residencia

José María Fernández, candidato do PP á alcaldía de Trabada di que tivo que pedir por segunda vez autorización de acceso ao expediente. O Concello responde cunha exposición de puntos á acción de Fernández.

Publicada o

- Advertisement -

O candidato do PP á alcaldía de Trabada, José María Fernández, presentou unha denuncia na fiscalía porque “a solicitude presentada pola súa nai para unha praza na residencia da terceira idade non foi avaliada pola comisión municipal de asuntos sociais”. Fernández logrou acceder ao expediente das valoracións efectuadas e, segundo unha nota enviada por Fernández, sinala que a da “súa nai non figura entre as analizadas.

José María Fernández considera que esta situación “pode constituír un presunto delito de prevaricación administrativa, ademais dun caso de marxinación por interese político”. O candidato popular á alcaldía indica que dende o 29 de decembro non houbo máis reunións da comisión de asuntos sociais.

RESPOSTA DO CONCELLO DE TRABADA

Desde o Concello de Trabada responde que o acceso ao Centro de Atención a Persoas Maiores regúlase na Ordenanza para o acceso ao servizo de Atención ás Persoas Maiores do Concello de Trabada (BOP Lugo núm. 261 do 14.11.2018). No artigo 12, tramitación do expediente, constan dúas modalidades de acceso: ordinaria e excepcional, sendo a primeira a modalidade empregada con carácter xeral.

Para a tramitación da solicitude pola vía ordinaria establécese que, unha vez completado o expediente de solicitude, e con independencia do centro xestor que levara a cabo a tramitación, deberán ser remitidos aos servizos sociais deste Concello, os cales convocarán de xeito periódico ou cando as circunstancias así o aconsellen unha Comisión Mixta de Valoración (en diante, CMV).

No mes de novembro de 2022 rexistrouse a solicitude presentada por José María Fernández, se ben a documentación necesaria non se aportou completa ata finais de decembro. “Neste momento consta resolta a praza de servizo de atención residencial no CAM de Trabada na modalidade ordinaria á mesma”. Por outra parte, o Concello sinala tamén que a nai de José María Fernández recibía servizo de axuda no fogar (SAF), aprobado por decreto da alcaldía o mesmo día que se presentou a solicitude.

A isto engádese que o expediente da persoa que refire Fernández “foi á primeira CMV que tivo lugar unha vez completado o seu expediente de solicitude”. É por iso que tamén indican que José María Fernández puido ver como constaban os trámites ordinarios con datas anteriores e posteriores á data que refire do 29 de decembro de 2022, “do que se deduce a súa tramitación pero, non o seu remate no momento da Comisión”.

Por último, nunha nota remitida desde o Concello de Trabada sinalan que do único que se ocupou o PP con respecto ao Centro de Atención a Maiores de Trabada “foi de levarnos ao xulgado hai catro anos para que non abríramos o centro e agora porque, unha vez máis, confunden o público co privado e pretenden sacar rédito político no momento en que esta mesma noite se inicia a campaña electoral”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...