O Concello de Trabada recupera o próximo venres, día 30 de maio, a Feira de San Fernando. A programación deste día comeza ás 12:00 horas, coa celebración da misa na Capela de San Fernando, en Valboa.
Ao remate, procederase á exposición do gando, un dos momentos máis esperados tanto polos veciños e veciñas como polos moitos visitantes que atrae esta feira.
Ás 14:00 horas será xa a hora da comida campestre, que nesta edición estará servida polo Catering Chao dos Navais.
Non faltará tampouco a festa e o baile, xa que toda a xornada estará amenizada polo “Cuarteto Illa Pancha”.
Dende a organización convidan a desfrutar desta feira que durante moitos anos serviu de encontro de veciños e veciñas de diferentes parroquias do concello, así como de concellos veciños.