InicioOrientalTrabadaMayra García toma posesión como alcaldesa de Trabada para "atender as necesidades...

Mayra García toma posesión como alcaldesa de Trabada para “atender as necesidades dos veciños”

García Bermúdez fixo un repaso dos últimos anos, “nos que puxemos en marcha moitos dos servizos públicos que este concello demandaba”, con especial atención aos maiores e os nenos.

Publicada o

- Advertisement -

Mayra García Bermúdez tomou hoxe posesión como alcaldesa de Trabada, no transcurso da sesión constitutiva da nova Corporación Municipal celebrada no concello.

“Seguiremos facendo unha xestión cercana e a pé de rúa, escoitando os veciños e comprobando “in situ” as súas necesidades, como fixemos durante estes oito anos”, asegurou García Bermúdez no seu discurso.

En palabras da alcaldesa, “seguiremos dando o mellor de nós para atender as necesidades dos veciños; para iso, vai ser esencial a cooperación entre todas as administracións, ás que brindamos a nosa colaboración e apoio, pero tamén seremos firmes e esixentes cando as circunstancias o requiran”.

García Bermúdez fixo un repaso dos últimos anos, “nos que puxemos en marcha moitos dos servizos públicos que este concello demandaba”, con especial atención aos maiores e os nenos.

A alcaldesa tivo palabras de agradecemento “para o meu equipo, para todos os que me brindaron a súa confianza e o seu compromiso durante estos oito anos”.

Ser alcaldesa de Trabada foi e é, ante todo, unha honra, pero sobre todo unha gran responsabilidade. Por iso, dende o primeiro día, fai xa oito anos, asumín este importante e fermoso traballo con toda a dedicación que merece este cargo. O meu compromiso é ser alcaldesa de todas e todos os trabadenses”, rematou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...