InicioOrientalTrabadaA Deputación Provincial anuncia un centro para acceder ás novas tecnoloxías en...

A Deputación Provincial anuncia un centro para acceder ás novas tecnoloxías en Trabada

Será na parroquia de Vilaformán cun orzamento de máis de 48.000 euros por parte da Administración provincial e permitirá rehabilitar o antigo teleclube.

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial anunciou este venres a creación na parroquia de Vilaformán, en Trabada, dun centro para “favorecer o acceso ás novas tecnoloxías” da poboación rural e dinamizar así “a vida social e económica do municipio”.

Así o anunciou o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, tras a celebración da reunión ordinaria da Xunta de Goberno. Rivera, que definiu o proxecto como “unha iniciativa de carácter innovador”, precisou que a deputación sufragará “máis do 90% do custo total da actuación”.

O centro de novas tecnoloxías recibirá unha inxección económica de máis de 48.000 euros por parte da Administración provincial e permitirá rehabilitar o antigo teleclub de Vilaformán para “favorecer o acceso a internet” e o “uso doutras ferramentas dixitais” a medio centenar de veciños da parroquia.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...