InicioOrientalTrabadaTrabada pide axuda á Xunta para "facer fronte á praga de vermes"...

Trabada pide axuda á Xunta para “facer fronte á praga de vermes” que estraga os cultivos

A alcaldesa do Concello de Trabada, Mayra García Bermúdez, envioulle unha carta ao conselleiro de Medio Rural “preocupada por unha situación que afecta gravemente ao noso concello".

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa do Concello de Trabada, Mayra García Bermúdez, solicítalle á Xunta de Galicia “colaboración para facer fronte á praga de vermes que está a causar estragos nos cultivos e colleitas”.


García Bermúdez envioulle unha carta ao conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez, “preocupada por unha situación que afecta gravemente ao noso concello e ao entorno natural que nos rodea, transmítolle a nosa inquedanza con respecto á praga de vermes que actualmente nos afecta en Trabada”.


“Nos últimos meses, observamos un aumento significativo na poboación de vermes, unha praga que está a causar estragos nos cultivos dos gandeiros e agricultores así como nas zonas verdes, o que afecta non só á estética do noso contorno, senón tamén á calidade de vida da veciñanza, que por unha banda ven estragadas as súas colleitas e por outra provocan limitacións no día a día xa que esta praga chega ata as portas das vivendas”, explica a alcaldesa.


Dende o Concello de Trabada solicítase “a súa colaboración para facer unha avaliación exhaustiva da situación e así desenvolver un plan de acción que inclúa métodos de control e axudas aos afectados ao igual que se fixo polos danos ocasionados por outras pragas, como recentemente se fixo dende a consellería que dirixe para paliar os danos ocasionados polo incremento poboacional da rata toupa”.


“Ademais, sería de gran axuda proporcionar información e orientación á veciñanza sobre como previr a súa proliferación, polo que espero que poida abordar esta situación de maneira rápida e efectiva, adoptando medidas concretas para protexer o noso entorno natural e unha actividade esencial no rural, como é a agrogandeira”, remata a alcaldesa.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...