InicioOrientalTrabadaO lume de Trabada consume xa 160 hectáreas e obriga a cortar...

O lume de Trabada consume xa 160 hectáreas e obriga a cortar a autovía

O lume iniciouse ás 15,16 h. de hoxe e para o seu control mobilizáronse, polo de agora, 4 técnicos, 6 axentes, 9 brigadas, 4 motobombas, 3 pas, 1 unidade técnica de apoio, 6 avións e 3 helicópteros.

Publicada o

- Advertisement -

O incendio que afecta o municipio de Trabada (Lugo) permanece activo, segundo informaron fontes da Consellería de Medio Rural, e xa son máis de 160 as hectáreas calcinadas polo lume, que obrigou a decretar a ‘situación 2’ de alerta pola proximidade a núcleos de poboación.

Medio Rural comunicou á primeira hora deste venres que ese incendio, que obrigou a cortar a autovía A-8 entre os quilómetros 508 e 524, mobilizou ata agora a 5 técnicos, 14 axentes forestais, 25 brigadas, 23 motobombas e 3 pas, así como 5 unidades técnicas de apoio, un tractor, 6 avións e tres helicópteros.

Así mesmo, a estimación de superficie afectada polas chamas supera as 160 hectáreas. A consellería tamén confirmou que hai activos outro catro incendios en Galicia na mañá deste venres: en Foz (70 hectáreas), Chantada (80 hectáreas), Lobeira (80 hectáreas) e Vilariño de Conso (160 hectáreas).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...