InicioOrientalTrabadaA alcaldesa de Trabada agradece "a implicación" dos diferentes axentes na extinción...

A alcaldesa de Trabada agradece “a implicación” dos diferentes axentes na extinción do incendio

“Quero agradecer unha vez máis a implicación e o traballo de todas as administracións, así como aos veciños de Trabada e concellos limítrofes que usaron tractores e cisternas para frear o avance do lume”, engade Mayra García.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, fai balance unha semana despois do lume que afectou a máis de 2.300 hectáreas de monte no concello e a comarca.

Non podo estar máis agradecida con todos os que colaboraron para apagar o lume, un lume que estes últimos días se reavivou en varias zonas e que estivemos intentando apagar entre os veciños, persoal do concello, axentes medioambientais, brigadas de bombeiros forestais e motobombistas, porque co forte vento que volvía a facer supoñía unha ameaza”, afirma García Bermúdez.

“Quero agradecer unha vez máis a implicación e o traballo de todas as administracións, así como aos veciños de Trabada e concellos limítrofes que usaron tractores e cisternas para frear o avance do lume”, engade a alcaldesa.

“Tamén á Garda Civil, que continúa traballando e facendo as labores de investigación, e ao persoal do concello, que despois dunha semana sigue enfriando zonas onde se reavivou o lume, de feito antonte pola tarde fixémolo na zona do Castro e en Trabadela”, afirma.

“Eu mesma me vin obrigada a cancelar a miña axenda institucional, de feito non puiden estar no pregón das San Lucas porque estiven coa veciñanza e os axentes ambientais, en coordinación co distrito forestal para guialos ata os puntos onde se reavivaba o lume, porque para min o máis importante é Trabada”, lembra a alcaldesa.

“En momentos coma os que vivimos estos días é cando se mide a solidariedade dun pobo”, sostén Mayra García Bermúdez, que confía en que “a investigación dea os seus froitos e poida caer o peso da lei sobre quen orixinou este dano tan grande á nosa comarca, e poder pouco a pouco volver á normalidade”.

Reunión con Medio Rural

Por outra parte, a alcaldesa de Trabada e os alcaldes de Foz e Ribadeo, Mayra García Bermúdez, Fran Cajoto e Dani Vega, están á espera de manter un encontro que solicitaron co conselleiro de Medio Rural, José González, para analizar o acontecido.

Na xuntanza avaliarán a superficie afectada, analizarán os danos ocasionados polos incendios e tentarán concretar as medidas a levar adiante. Os rexedores apostan por iniciar unha estratexia de traballo conxunta para afrontar esta situación.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...