O Concello de Trabada programa a proxección da película ‘Custodia Compartida’ con motivo da conmemoración do 25N, o Día Internacional da eliminación da violencia da muller. A proxección da película será o propio sábado 25 de novembro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura de Trabada.
A película reflicte unha mostra da dor que sufren moitas mulleres e moitas familias pola violencia machista que padecen nas casas, situacións que se dan en todas partes e que condicionan o resto da vida.
Por iso é imprescindible sensibilizar e visibilizar esta lacra, porque como ocurre con todo aquelo que no se nomea ou non se recoñece, parece que non exista e desgraciadamente os datos reais non deixan de aumentar cada ano.