InicioOrientalTrabadaMayra García sinala que "continuaremos taballando xuntos por Trabada"

Mayra García sinala que “continuaremos taballando xuntos por Trabada”

No seu discurso de despedida, García apuntou que “foi, ante todo, unha honra pero sobre todo, unha gran responsabilidade ser a alcaldesa de Trabada".

Publicada o

- Advertisement -

Mayra García Bermúdez presentou hoxe oficialmente a súa renuncia á alcaldía de Trabada nun pleno extraordinario “difícil e con moitos sentimentos encontrados”.

“Como sabedes, incurre causa de inelexibilidade ser alcaldesa e deputada provincial con ser candidata ao Parlamento de Galicia, por iso me vexo na obriga de poñer fin a unha etapa tan maravillosa como intensa na miña vida”, asegurou García Bermúdez.

O salón de plenos estaba cheo de veciñas e veciños para despedirse de Mayra García Bermúdez, a quen lle regalaron dous ramos de frores: un o seu equipo de goberno e outro varias mulleres que participan no programa de terapia ocupacional.

No seu discurso de despedida, apuntou que “foi, ante todo, unha honra pero sobre todo, unha gran responsabilidade ser a alcaldesa de Trabada. Por iso, dende o primeiro día, asumín este importante e fermoso traballo con toda a dedicación que merece este cargo”.

Mayra García Bermúdez fixo un repaso da súa xestión e asegurou que “cando miro Trabada vexo un pobo mellor que o que atopei, un pobo con rumbo, máis aberto e con máis futuro. E por suposto, o mérito non é só meu, pero síntome moi orgullosa de contribuír a que así sexa”.

“Quero dirixirme tamén ó grupo municipal socialista, ós meus compañeiros e compañeiras: Yuli, Rubén, Mari Carmen, Suevia, Rosa. Gustaríame poñer de manifesto a xenerosidade de Yuli, a súa entrega e o seu traballo, e a Rubén dicirlle que vai ter o meu apoio sempre, que a ilusión coa que asume a alcaldía é o ingrediente principal para ser un bo alcalde”.

E xa nun plano máis persoal, “quixera dedicar as últimas palabras deste discurso á miña familia. Aos meus pais, agradecerlles que me fixeran ver desde pequena o importante que é defender as ideas e que me deixaran a mellor herencia que un pai lle pode deixar a un fillo, que é a oportunidade de formarme, porque sabemos que a educación é a arma máis poderosa para combatir a desigualdade”.

“Espero que non se leven moitos disgustos e que poidan sentirse orgullosos de min, igual que dos meus irmáns, e tanto como eu me sinto deles, porque grazas á miña familia son quen son. Eles enseñáronme o valor do compromiso cos demáis, do respeto, da liberdade e da igualdade”, engadiu emocionada, antes de lembrarse tamén dos seus avós.

“E xa para ir rematando, gustaríame ter un recordo para todas as mulleres que me precederon, para as avoas e nais que dedicaron a súa vida aos demáis, á crianza e coidado das súas fillas e fillos, das netas e netos, tamén dos seus maiores, ás que traballaron no campo sen remuneración, a esas mulleres que sin estudar deron estudos ás súas fillas, porque se hoxe podemos ocupar os espazos de maneira máis visible foi grazas a elas, por iso a loita pola igualdade é imparable, porque só queremos compartir o mundo e a vida en pé de igualdade, nada máis e nada menos”, afirmou.

Manifestarvos que o meu compromiso segue intacto, que esté donde esté vou seguir traballando por este pobo e que me tedes á vosa disposición se credes que poido axudarvos. Foi un inmenso pracer compartir estes anos con todos vós e ser a vosa alcaldesa”, rematou Mayra García Bermúdez.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...