InicioOrientalTrabadaTrabada recolleu máis de 500 sinaturas para repoñer a praza de médico

Trabada recolleu máis de 500 sinaturas para repoñer a praza de médico

“Xa son máis de 500 firmas as recollidas ata o momento entre a veciñanza e animamos aos veciños que aínda non asinaron a facelo”, explica o actual alcalde, Rubén García.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada xa recolleu máis de 500 sinaturas entre a veciñanza para reclamarlle á Consellería de Sanidade que repoña no centro de saúde a praza do médico que se xubilou, unha iniciativa impulsada pola anterior alcaldesa, Mayra García Bermúdez.

“Xa son máis de 500 firmas as recollidas ata o momento entre a veciñanza e animamos aos veciños que aínda non asinaron a facelo”, explica o actual alcalde, Rubén García. Os veciños e veciñas interesadas poden asinar no Concello de Trabada, o centro de saúde e a farmacia.

“A sanidade pública e, en especial, a atención primaria, son fundamentais para un concello como o noso, falamos dun servizo esencial”, engade García.

“En Trabada durante estos preto de nove anos de goberno fixemos unha aposta clara e decidida no que se refire aos servizos públicos e de calidade, por iso lle solicitamos á Xunta de Galicia, que ten as competencias en sanidade, que cubra esta praza. Non podemos estar días completos sen médico como ten pasado en varias ocasións, e tampouco é suficiente cubrir a media xornada o posto do médico cando non está o titular”, remata o alcalde.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...