InicioOrientalTrabadaO lume de Trabada "quedou estabilizado" segundo Medio Rural

O lume de Trabada “quedou estabilizado” segundo Medio Rural

O lume comezou ás 12,06 horas e á primeira hora da tarde a afectación superaba as 20 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse cinco axentes, cinco brigadas e sete motobombas.

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello lugués de Trabada, parroquia homónima, quedou estabilizado ás 19,06 horas desta tarde.


O lume iniciouse ás 12,06 h. de hoxe e segundo as últimas estimacións, afecta unha
superficie de arredor de 190 hectáreas, parte delas correspondentes ao termo municipal
de Ribadeo. Para a súa estabilización mobilizáronse, en conxunto, 1 técnico, 14 axentes, 26 brigadas, 20 motobombas e 1 pa.


A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de
teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.
Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade
delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo,
toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta
aberta de twitter: @incendios085.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...