InicioPolíticaTrabada fará da antiga escola un museo etnográfico coa achega da Xunta

Trabada fará da antiga escola un museo etnográfico coa achega da Xunta

O Executivo autonómico investirá 272.000 euros no inmoble, que tamén albergará o punto de información turística municipal

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia financiará as obras de rehabilitación da antiga escola de Trabada para crear un centro etnográfico. O Executivo autonómico investirá un total de 272.000 euros nesta actuación, e o Concello asumirá os gastos de redacción do proxecto e dirección de obra, que ascenden a 13.714 euros.  

A escola, actualmente en desuso, está situada no trazado do Camiño norte e logo da súa rehabilitación exercerá como centro expositivo e punto de información turística

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio custeará a recuperación da volumetría orixinal da escola, eliminando os catro edificios anexos. O bloque que alberga os aseos e os soportais dianteiros serán reconstruídos a causa dos danos que presenta a estrutura. Tamén se renovará a cuberta, os acabados dos paramentos exteriores e faranse obras no interior da escola. Disporanse dous baños na planta baixa habilitados para persoas con mobilidade reducida.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, visitou o inmoble acompañado da alcaldesa trabadense, Mayra García. Balseiro explicou que o Goberno galego deseñou un programa de axudas dirixido a mellorar os equipamentos e infraestruturas urbanas dos concellos, co obxectivo de frear o despoboamento. Nos casos dos municipios con menos de 5.000 habitantes, a achega autonómica é do cento por cento do orzamento das obras.

CENTRO ETNOGRÁFICO

García espuxo que o museo contará con varias secciónsetnografía (oficios, vida rural, vivenda), así como historia local, arquivo bibliográfico e fotográfico. O Concello dispón de abundante material, desde apeiros ata utensilios de pesca, unha colección de máquinas de coser e unha reprodución da escola dos anos 40. Boa parte deste patrimonio material foi doado por un veciño, José Rocha, e o goberno local terá agora un espazo para mostrar este legado. 

ÁREA RECREATIVA DA CHOZA

O Goberno galego tamén destinará, a través da área de turismo, 36.000 euros para mellorar a sinalización e os puntos de luz na área recreativa da Choza.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...