A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, advertiu nunha xuntanza coa subdelegada do Goberno central, Isabel Rodríguez, do “risco” que supoñen as árbores que están a medrar próximas ás vivendas na ría de Abres.
Estas especies están a crecer á beira da N-640, cercanas ás casas. “Preocúpame o risco que representan para a seguridade dos veciños”, resaltou a rexedora.
García Bermúdez sinalou que plantexou este problema ao anterior Goberno “sen que dese unha solución”.
COMUNICACIÓNS
A rexedora mostrou a súa “satisfacción” por poder tratar coa subdelegada “temas que interesan aos veciños de Trabada”, como as necesidades do municipio en materia de comunicacións.
Rodríguez, pola súa banda, resaltou que “foi un encontro moi fructífero que estou segura de que vai dar bos resultados, no que a alcaldesa de Trabada me explicou as súas demandas máis importantes”.