A presidenta do Banco de Alimentos de Lugo, Amadora Núñez, calcula que atenden en toda a provincia a máis de 2.000 mil familias. Acoden os martes e venres ás delegacións da cidade amurallada, da Mariña e de Monforte.
Na capital da provincia son xa unhas “mil” as familias ás que se presta auxilio, “máis de 600 na Mariña e unhas 450 en Monforte (que cobre toda a zona sur da provincia de Lugo desde Sarria)”. E é que xa se supera esa barreira das 2.000 familias despois de que desde setembro subira o “pico” de casos que precisan do Banco de Alimentos. Le a información completa no Lugo Xornal.