A praza do Concello de Trabada será o escenario de varios espectáculos de música, teatro, danza, maxia e novo circo (o primeiro deles o 28 de xullo e o último o 31 de agosto).Por outra parte, de cara aos festivos locais deste ano, oranizaranse durante os días 14, 15 e 16 de agosto dous concertos musicais ao mediodía e dúas proxeccións de películas pola noite na praza do Concello.
A alcaldesa de Trabada estivo este martes cos 24 nenos e nenas que participan nos Campamentos Urbanos de Verán 2021, unha iniciativa que ten como obxectivo prioritario axudar ás familias a conciliar a vida persoal e laboral.“En Trabada apostamos pola cultura segura, con espectáculos ao aire libre para un público familiar e cumprindo con todos os protocolos Covid-19”, asegurou Mayra García nun comunicado.
A rexedora proveitou a súa visita aos nenos e nenas para lembrar que se tramitou unha nova subvención da Xunta de Galicia que se aprobaba por orde de entrada das solicitudes, ás doce da noite, para que os espectáculos do programa ‘Cultura no Camiño’ cheguen a Trabada. O concello aportará 1.580 euros e a Xunta 6.000 euros.
‘Cultura no Camiño’ é un programa financiado por Agadic e Agatur que se celebra nos concellos gallegos polos que pasa algunha das rutas recoñecidas.