InicioOrientalTrabadaMontan unha empresa de rehabilitación de casas en Trabada porque as constructoras...

Montan unha empresa de rehabilitación de casas en Trabada porque as constructoras “estaban moi ocupadas”

Decidiron abrir a sociedade logo de comprar unha vivenda no municipio e ver como os contratistas estaban "ata arriba de traballo".

Publicada o

- Advertisement -

O municipio de Trabada foi elexido para instalarse por unha empresa creada recentemente: 88 Living Projets, que se dedica ao deseño, rehabilitación e compra-venda de vivendas rústicas en Galicia e Asturias.

O creador e xerente de 88 Living Projects, David Lozano explica que na súa empresa o que fan é comprar vivendas en aldeas abandonadas e fan un proxecto de rehabilitación para que o cliente se faga un idea de como quedaría a vivenda despois das obras.  “Ofrecémoslle ao cliente unha vivenda sen que teña que preocuparse de nada. Nós ocupámosnos de todo”, indica Lozano.

O creador tamén engade que traballan sobre todo na Mariña lucense e no Occidente asturiano e comenta que decidiu localizar a empresa en Trabada porque “compramos unha vivenda para nós e cando nos puxemos a pedir presupostos a contratistas para rehabilitala comprobamos que as constructoras da zona estaban moi ocupadas”.

Lozano destaca que, se o comprador quere, eles ocúpanse de todos os trámites que sexan necesarios facer cas administracións para restaurar a casa, que “en algúns casos son moitos e complicados, como comprobamos en primeira persoa cando solicitamos os permisos para rehabilitar a nosa casa de Trabada”.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...