Chegan os “madrugadores” a Trabada para coidar aos fillos cando os pais van traballar

Con esta iniciativa as familias poderán deixar os seus fillos antes da entrada ao colexio para facilitar a atención dos menores con proxenitores que teñen un horario que non coincide co educativo.


O Concello de Trabada pon en marcha neste próximo curso un servizo de Madrugadores, permitindo ás familias deixar aos seus fillos e fillas no colexio antes da entrada a clase para facilitar a atención dos menores con proxenitores que teñan un horario laboral que non coincide co escolar. Este novo servizo prestarase no CEIP Celso Currás dende setembro a xuño, con actividades de ocio e ocupación do tempo de lecer baseadas nos principios da educación non formal en horario de 08.00 horas ata o inicio das clases.

A alcaldesa de Trabada explica que esta é unha inicitiva que busca apoiar a conciliación da vida laboral e familiar “ademais seguiremos traballando con medidas responsables que fomenten a natalidade e melloren a situación educativo dos nenos”, explica a edil.

O acceso aos Madrugadores pretende dar prioridade ás familias numerosas e ás familias nas que os dous proxenitores traballen. A tarifa será de 25 euros ao mes e o servizo está dirixido aos nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2009 e o 31 de decembro de 2018. A preinscrición será preferiblemente telemática desde mañá, día 5 de agosto, e ata o 20 de agosto. O número máximo será de 10 usuarios e, no caso de haber máis solicitudes que prazas, accederase ao servizo tendo en conta a orde da puntuación acadada na baremación.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here