InicioOrientalTrabadaFinalizada a reconstrución da Ponte Paxarín en Trabada

Finalizada a reconstrución da Ponte Paxarín en Trabada

“A ponte levaba en mal estado moitos anos e nos invernos a auga avanzaba por enriba impedindo o acceso de vehículos e persoas, polo que consideramos prioritario proceder á súa rehabilitación”, afirma a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada anunciou o remate das obras de reconstrución da ponte de Paxarín, deixando atrás desta forma os problemas que se ocasionaban nos meses de maiores precipitacións de auga.

“A ponte levaba en mal estado moitos anos e nos invernos a auga avanzaba por enriba impedindo o acceso de vehículos e persoas, polo que consideramos prioritario proceder á súa rehabilitación”, afirma a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez.

Ademais dos problemas provocados pola choiva, a ponte de Paxarín estaba desprendéndose nos laterais, o que impedía garantir a seguridade viaria. A actuación realizouse coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo, que fixo unha achega de 24.542,65 euros.

O proxecto tiña como obxectivo a reconstrución integral da ponte, que salva o Rego de Vilapercide e está situada no camiño de acceso ao núcleo de Mozandeo, desde a carretera LU-P-5506.

Os traballos consistiron na construción dun marco de formigón armado, renovando a pavimentación da ponte e dos accesos. Incrementouse ademais a capacidade de desagüe da zona, co obxectivo de rematar cos problemas de inundacións.

“Con estas obras damos resposta a unha demanda veciñal e continuamos co noso plan de mellora continua dos servizos e infraestruturas públicas de Trabada”, engade a alcaldesa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...