InicioOrientalTrabadaMelloras na seguridade viaria en Trabada coa renovación de viais de acceso...

Melloras na seguridade viaria en Trabada coa renovación de viais de acceso a diferentes núcleos

“Desde o concello, impulsamos de forma continua melloras na rede de comunicación das parroquias, neste caso tres viais moi utilizados polos veciños que quedan totalmente renovados”, explica a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada anunciou o remate das obras de mellora nos accesos de Vilapercide a Cabana, e ao núcleo da Veiga desde a estrada LU-P-6102.

Desde o consistorio avisan que queda pendente unha terceira actuación, no tramo que dá acceso ao núcleo de Portela, debido a que se realizaron tarefas de saca de madeira na zona, pero os traballos levaranse a cabo este mes de outubro se as condicións meteorolóxicas o permiten.

“Desde o concello, impulsamos de forma continua melloras na rede de comunicación das parroquias, neste caso tres viais moi utilizados polos veciños que quedan totalmente renovados”, explica a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez.

As obras están cofinanciadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), que fai unha achega de 43.591 euros en dúas anualidades (21.795,50 euros no 2021 e 21.795,50 euros no 2022), mentres que o Concello de Trabada fai unha achega de 9.473,34 euros.

“Con esta actuación arranxamos máis de tres quilómetros de viais municipais, cunha limpeza de cunetas e un tratamento de rego asfáltico, xa que se trata de tramos cunha anchura de entre 3 e 3,5 metros de ancho”, engade a alcaldesa.

No caso do camiño que da acceso a Portela, de máis de 500 metros, mellorarase nas próximas semanas o pavimento, pois as cunetas xa se limparon para facilitar a circulación de auga, unha actuación moi similar á realizada entre os núcleos de Vilapercide e Cabana (1.870 metros), e no acceso á Veiga desde a LU-P-6102 (640 metros).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...