InicioOrientalTrabadaTrabada recibe unha nova subvención da Xunta para renovar a Cámara Agraria

Trabada recibe unha nova subvención da Xunta para renovar a Cámara Agraria

En concreto o diñeiro irá destinado á mellora da fachada do local.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada conseguiu unha nova subvención da Xunta de Galicia, neste caso para a renovación do acabado exterior da fachada da Cámara Agraria.

O obxectivo da actuación é protexer a edificación, evitar o seu deterioro e mellorar a calidade da paisaxe rural corrixindo os impactos paisaxísticos que ocasiona, tendo en conta o establecido no artigo 39 da Lei 2/2016 do Solo de Galicia, no que se sinala que os materiais e cores das edificacións serán acordes coa paisaxe rural e as construcción do entorno.

As tarefas consistirán polo tanto na limpeza e reparación das zonas con humidade e mofo, así como na pintura das catro fachadas mediante pintura plástica lisa coa combinación de cores incluídas no catálogo de ‘A Mariña e o baixo Eo’, coas mesmas cores que se utilizaron para pintar a antiga escola e vivienda de Mestres, recentemente convertida en museo etnográfico.

As obras terán un orzamento de 25.000 euros e a axuda da Xunta de Galicia é de 17.500 euros, polo que o concello aportará a diferenza con fondos propios.

Trátase dunha subvención que de novo tramitou persoalmente a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, xa que a Xunta de Galicia as concede por orde de chegada das solicitudes e non por concorrencia competitiva, abrindo ademais o prazo de solicitudes ás doce da noite dun venres.

A alcaldesa lembra que “son eu mesma a que se encarga de facelo, porque teño a formación suficiente e ademais evito que sexan os empregados municipais os que teñan que facelo fora do seu horario laboral e na finde semana”. A solicitude da subvención quedou rexistrada ás 00.03 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...