Detectado un positivo por COVID en Trabada no Centro de Atención a maiores

"A usuaria, que xa seguía as medidas preventivas establecidas pola Deputación para as saídas de Nadal, non presenta síntomas e atópase illada desde o momento no que deu positivo" sinala a Deputación de Lugo.

Consistorio de Trabada. GOOGLE MAPS

Unha persoa usuaria do Centro de Atención a Maiores de Trabada deu positivo nos cribados periódicos con test de antígenos que a Deputación de Lugo realiza, cada 48 horas, a todos os residentes do sete centros de maiores que ten en funcionamento na provincia.

O organismo provincial precisa que a totalidade do resto de usuarios e traballadores da residencia de Trabada deron negativo nas probas, que se repetiron na xornada deste xoves.

“Tendo en conta isto e que a persoa contaxiada deu positivo tras a saída do centro que fixo por Nadal, todo apunta a que a orixe do contaxio está fóra da residencia“, engade.

“A usuaria, que xa seguía as medidas preventivas establecidas pola Deputación para as saídas de Nadal, non presenta síntomas e atópase illada desde o momento no que deu positivo”.

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here