InicioOrientalTrabadaTrabada reclama á Xunta que aporte axudas para mellorar a estrada LU-132

Trabada reclama á Xunta que aporte axudas para mellorar a estrada LU-132

A alcaldesa, Mayra García, reuniuse co delegado da Xunta na provincia de Lugo, Javier Arias, para presentarlle as obras realizadas até o momento coas subvencións que tramitou a propia alcaldesa.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa do Concello de Trabada, Mayra García Bermúdez, visitou este xoves co delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, as obras da rúa Cotarelo, a renovación da fachada da Cámara Agraria e o novo punto limpo móbil co que conta o municipio.

Trátase de obras e servizos cos que Trabada conta grazas a subvencións xestionadas persoalmente pola alcaldesa, Mayra García Bermúdez, con tramitacións e convocatorias que en moitos casos comezan ás doce da noite e son por orde de chegada.

No caso da rúa Cotarelo, o Concello de Trabada conseguiu unha subvención da Xunta para financiar 67.760 euros, mentres que o Concello aportou 40.535 euros para poder levar a cabo a súa renovación integral. As achegas resolvíanse por orde de entrada das solicitudes desde as 00.00 horas do pasado 9 de marzo de 2021. A tramitación realizouna persoalmente a propia Mayra García Bermúdez en só catro minutos, polo que as 00:04 horas estaba presentada.

No caso da fachada da Cámara Agraria, a Xunta convocou de novo as axudas que se conceden por orde de chegada das solicitudes e non por concorrencia competitiva, abrindo ademais o prazo de solicitudes ás doce da noite dun venres. A alcaldesa presentou as solicitudes ás 00.03 horas.

“Son eu mesma a que se encarga de facelo, porque teño a formación suficiente e ademais evito que sexan os empregados municipais os que teñan que facelo fora do seu horario laboral e na fin de semana. De feito onte mesmo, ás doce da noite tramitei outra axuda que se concede por orde de entrada para levar a cabo a mellora dos accesos entre o aparcadoiro de autocaravanas e a Área de A Choza, e que a pesar das incidencias da sede electrónica da Xunta conseguín tramitar en catro minutos”, engade García Bermúdez.

Con esta axuda da Cámara Agraria o que se fixo foi a limpeza e reparación das zonas con humidade e mofo, e posteriormente pintáronse as catro fachadas mediante pintura plástica lisa con combinación de cores incluídas no catálogo de “A Mariña e Baixo Eo”, utilizando as mesmas cores que no centro etnográfico “Xosé Rocha”.

Por último, no caso do punto limpo móbil o concello obtivo unha achega de 70.000 euros para esta actuación, financiada pola Xunta a través da liña de subvencións en materia de residuos de competencia municipal cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder Galicia 2014-2020). Neste caso a primeira licitación quedou deserta e, a pesar da problemática dos prazos de xustificación, “fomos quen de poder xustificar a axuda, xa que noutros Concellos víronse obrigados a renunciar á mesma”, apunta a alcaldesa.

DEMANDAS

García Bermúdez aproveitou a visita do delegado da Xunta para demandarlle “a reparación da estrada autonómica LU-132, que en varios tramos atópase en mal estado de conservación, e para poñer dous pasos de peóns, ademais de colaboración na construción do auditorio”.

A alcaldesa de Trabada remitiulle unha carta a principios de decembro ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, solicitándolle unha entrevista para presentarlle o proxecto e a maqueta do mesmo e valorar as diferentes posibilidades de financiamento, pero non obtivo resposta.

Na carta informaba a Feijóo de que o Concello de Trabada redactou un proxecto para a construción dun auditorio e solicitaba a colaboración similar á que a Xunta de Galicia realizou recentemente coa construción dun auditorio en Marín, coa aportación de dous millóns de euros, e coa construción dunha escola de música en Begonte con outra achega de 1.047.938,67 euros.

Tendo en conta que polo Concello de Trabada tamén discurre o Camiño do Norte, “plantexamos a posibilidade, ao igual que en Begonte, de que poideran participar no financiamento diferentes organismos da Xunta como a Axencia de Turismo, a Consellería de Medio Ambiente e a Consellería de Cultura”.

O orzamento deste proxecto ascende a 984.897,9 euros, polo que dende o Concello de Trabada solicitouse a colaboración da Xunta de Galicia para poder realizar este investimento.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...