InicioOrientalTrabadaO Concello de Trabada denuncia que o centro de saúde está sen...

O Concello de Trabada denuncia que o centro de saúde está sen médico e reclama solucións ao SERGAS

A alcaldesa, Mayra García, remitiulle un escrito ao director xeral de Asistencia Sanitaria da Xunta, Jorge Aboal, solicitándolle que restablezan os servicios médicos. Ademias o Concello aplica unha bonificación do 10% na taxa por recollida de lixo aos seus veciños e veciñas.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada demanda ao Sergas unha solución inmediata á situación na que se atopa a día de hoxe o centro de saúde, sen médico por diversos motivos.

“É unha situación que non se pode repetir, os veciñas e veciñas de Trabada merecen uns servizos públicos de calidade e atención médica sen desprazarse, polo que o Sergas debe solucionar este problema de inmediato”, asegura a alcaldesa, Mayra García Bermúdez.

A alcaldesa remitiulle un escrito ao director xeral de Asistencia Sanitaria da Xunta, Jorge Aboal, solicitándolle que restablezan os servicios médicos.

Nun escrito do Concello sinalan que esta non é unha cuestión menor, “pois o dereito á protección da saúde está recoñecido na Constitución Española e tendo en conta o envellecemento da poboación do concello, cunha ampla dispersión poboacional para facer as visitas domiciliarias, faise se cabe máis necesario contar cun servicio asistencial ben dotado; de aí a importancia duns servicios públicos de calidade no rural”.

En Trabada sufrimos unha vez máis os recortes nos servicios públicos competencia da Xunta. No colexio suprimiron a aula de educación Infantil porque non había un mínimo de seis alumnos no seu día, ahora hai nove alumnos pero seguen sin habilitala”, engade García Bermúdez.

Suprimen paradas nas liñas de transporte a centros públicos de ensino e no rural os alumnos e alumnas deben desprazarse a Concellos limítrofes polo que o transporte é fundamental para poder continuar os estudos”, remata a alcaldesa.

BONIFICACIÓN NA RECOLLIDA DE LIXO

O Concello de Trabada aplica unha bonificación do 10% na taxa por recollida de lixo aos seus veciños e veciñas, unha rebaixa que xa fixo efectiva nos recibos correspondentes ao segundo semestre do ano 2021.

“No Concello de Trabada aprobamos fai un ano esta bonificación coa finalidade de repercutir nos propios veciños e veciñas a rebaixa que Sogama, previa solicitude do Concello, fai aos municipios por importe do 10% no prezo do tratamento e eliminación por tonelada de lixo”, explica a alcaldesa, Mayra García Bermúdez.

No ano 2021, o concello recadou polos recibos do lixo 55.120 euros, mentres que o gasto para as arcas municipais da recollida dos residuos sólidos urbanos ascendeu a 95.089,38 euros.

“A pesar de tratarse dun servizo deficitario, dende o goberno municipal decidimos aplicar todas as rebaixas e exencións posibles, nun contexto de moitas dificultades e incertidume para as familias, as pemes e os autónomos”, engade a alcaldesa.

“Esta medida únese á bonificación do 95% do IBI das instalacións das explotacións agrogandeiras que adoptamos no anterior mandato, e neste mandato tamén adoptamos unha bonificación do 95% do ICIO para estas instalacións, coa finalidade de colaborar cun sector fundamental para o noso concello”, remata García Bermúdez.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...