InicioOrientalTrabadaA alcaldesa de Trabada critica a mala xestión do servizo 'Coidados Porta...

A alcaldesa de Trabada critica a mala xestión do servizo ‘Coidados Porta a Porta’

A alcaldesa lamenta que o delegado da Xunta en Lugo visitase o autobús do servizo en Trabada sen avisar ao Concello.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, lamenta que o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitase hoxe o autobús do servizo ‘Coidados Porta a Porta’ ubicado na praza do Concello sen avisala con anterioridade.

“Unha mostra máis da ausencia de cortesía institucional por parte da Xunta, que visita o concello sen avisar á alcaldesa ou ao grupo de goberno”, afirma García Bermúdez, “porque ademais este servizo está financiado cos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que a raíz da pandemia conseguiu o goberno do Estado, froito das negociacións celebradas en Europa”.

Por outra parte, a alcaldesa lamenta a mala xestión dos ‘Coidados Porta a Porta’ por parte da Xunta de Galicia. “O aluguer de cada camión custa 7.000 euros á semana e o contrato é só por uns meses, ata o 3/11/2023 segundo os pregos do contrato”, asevera García Bermúdez, que considera que “a mellor opción era comprar os vehículos e prestar o servizo de forma permanente”.

“Tamén botamos en falta que se nos comunicara a duración das citas, xa que así podíamos axudar aos veciños a tramitalas, pero semella que o que interesaba era darlle publicidade e non que o servizo funcionase ben”, engadiu.

‘Coidados Porta a Porta’ estaba planificado para achegar ás persoas maiores de 55 anos os servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación terapéutica, “pero a xestión non é a adecuada porque a pesar de que o Concello pegou carteis polas parroquias para informar de este servizo indicando o número de teléfono ao que hai que chamar para reservar a cita, non é a solución axeitada porque varios veciños nos trasladaron que chamaban por teléfono e que ninguén contestaba”, apunta.

Sería moito mellor que dende ‘Coidados Porta a Porta’ nos indicaran as duracións das citas para desta forma poder xestionar as mesmas desde o Concello e incluso poñer a disposición o servicio de transporte municipal e facer diferentes rutas polas parroquias para asegurar a accesibilidade a este servizo a toda a veciñanza; é unha pena que este servizo que nos custa tanto a todos, preto de 10 millóns de euros entre o persoal e o aluguer dos autobuses, non chegue á poboación pola mala xestión da Xunta”, remata a alcaldesa de Trabada.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...