O Concello de Trabada conseguiu unha nova subvención, neste caso de 20.000 euros, para pintar, reparar as humidades e selar as fendas e irregularidades da fachada da casa do concello.
A convocatoria das axudas, do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, estaba destinada á reparación de fachadas de edificios públicos.
Unha vez máis, foi a propia alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, a que considerou idónea esta convocatoria para o concello e a que encargou a realización da memoria técnica presentada. “Nestes casos é cando se comproba que somos un goberno que planifica, que ten proxectos e que, en definitiva, traballa con previsión”, afirma.
“Tratábase unha vez máis dunha convocatoria en concorrencia non competitiva; neste caso abríase o prazo ás 12:00 horas e fumos os primeiros en tramitala, xa que o noso expediente é o primeiro, indo de camiño para Fitur e a pesares de que a sede electrónica non funcionaba correctamente”, lembra a alcaldesa de Trabada.
Con esta subvención que conseguiu o goberno municipal, levarase a cabo a reparación de fendas e aplicarase morteiro de cemento M-5 con acabado superficial rugoso, reforzado con malla de fibra de vidrio texida, con impregnación de PVC.
Posteriormente, en toda a fachada aplicarase un revestimento elástico impermeabilizante incoloro, a base de siloxanos en disolventes orgánicos, e finalmente o revestimiento final con pintura plástica impermeable en dúas cores, adaptando a tonalidade e a intensidade á “Guía de cor e materiais de Galicia, para a zona de A Mariña e o baixo Eo para edificacións construídas ata 1960”, ao igual que fíxose na antiga escola de Trabada, na Cámara Agraria ou na escola de Vilapercide.
Por outra banda, “lamentamos a falta de lealdade institucional por parte da Xunta de Galicia, posto que os representantes do Partido Popular de Trabada facíanse eco nas redes sociais desta axuda concedida ao Concello e desde ese momento a Xunta tardou máis de dúas semanas en notificar a súa concesión ao Concello”, engade García Bermúdez.
“Unha vez máis vemos como o goberno da Xunta de Galicia está ao servicio do PP, en vez de ó servizo dos galegos e das galegas, porque con este comportamento demostran que no respectan nin as intitucións nin os seus veciños”, remata a alcaldesa.