InicioOrientalTrabadaTrabada participa no "Campus Rural" do Ministerio para o Reto Demográfico e...

Trabada participa no “Campus Rural” do Ministerio para o Reto Demográfico e recibe a primeira bolseira universitaria

“Dende o concello valoramos de forma moi positiva esta iniciativa do goberno de España porque promoven a formación e a experiencia dende o rural; isto contribúe a que os estudantes universitarios visibilicen as oportunidades que hai no rural”, engadiu o edil Rubén García.

Publicada o

- Advertisement -

O concelleiro de Deportes e Saúde de Trabada, Rubén García, recibiu á alumna da Universidade de Vigo que realizará durante tres meses prácticas no concello.

O Concello de Trabada solicitou a participación no Programa ‘Campus Rural’ de prácticas universitarias no medio rural, unha iniciativa do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, en colaboración co Ministerio de Universidades e as universidades públicas españolas. 

Este programa permite que os universitarios de calquera titulación oficial poidan levar a cabo prácticas académicas, curriculares e extracurriculares en entornos rurais.

Esta mañá, o concelleiro Rubén García recibiu á alumna procedente da Universidade de Vigo, que está a estudar Dirección e Xestión pública e vai realizar as prácticas no concello durante tres meses. 

Durante este período, a alumna residirá na antiga escola de Vilapercide, rehabilitada e equipada polo actual equipo de goberno, xa que un dos requisitos do Programa ‘Campus Rural’ é que o alumnado debe residir no propio municipio donde realice as prácticas.

“Dende o concello valoramos de forma moi positiva esta iniciativa do goberno de España porque promoven a formación e a experiencia dende o rural; isto contribúe a que os estudantes universitarios visibilicen as oportunidades que hai no rural”, engadiu Rubén García.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...