InicioOrientalTrabadaA alcaldesa de Trabada denuncia o recorte "nas axudas da Xunta para...

A alcaldesa de Trabada denuncia o recorte “nas axudas da Xunta para cofinanciar actividades culturais”

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, sinala que "apostamos dende o primeiro momento por achegarlle a cultura aos nosos veciños. Durante a nosa etapa ao fronte do concello son múltiples as actividades culturais que temos realizado con fondos propios e coa colaboración inestimable doutras administracións”.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, lamenta o recorte da Xunta de Galicia “na convocatoria de axudas aos concellos polos que transcurren as rutas do Camiño de Santiago”.

En concreto, as axudas están destinadas a cofinanciar as programacións culturais realizadas por entidades locais polas que discorren os diferentes Camiños de Santiago con motivo do Xacobeo 21-22, para contribuír á promoción das artes escénicas e musicais.

Ademais, a convocatoria foi de novo en réxime de concorrencia non competitiva e o prazo de solicitude comezou ás doce da noite, polo que se encargou outra vez de tramitala persoalmente a propia alcaldesa de Trabada.

Este ano as programacións desta convocatoria deberán incluír, como mínimo, dúas contratacións de teatro, danza, música, novo circo ou maxia, que deberán ter un orzamento superior a 5.000 euros (IVE incluído) nos concellos de menos de 20.000 habitantes, e de 8.750 euros (IVE incluído) nos concellos de máis de 20.000 habitantes.

A Xunta financia 3.500 euros en concellos de máis de 20.000 habitantes, que corresponderían ao 40% do caché de cada actividade programada, e 2.500 euros en concellos de menos de 20.000 habitantes, que corresponderían ao 50% do caché de cada actividade programada.

O ano pasado as programacións incluídas nesta mesma convocatoria debían incluír como mínimo tres contratacións e conter un mínimo de dúas das disciplinas de teatro, danza, música, novo circo ou maxia, cun orzamento superior a 7.500 euros nos concellos de menos de 20.000 habitantes e de 10.000 euros nos concellos de máis de 20.000 habitantes.

A Xunta financiaba en 2021 o 60% do caché de cada actividade programada en concellos de máis de 20.000 habitantes sen que superase a cantidade máxima de 6.000 euros, e o 80% do caché de cada actividade programada en concellos de menos de 20.000 habitantes sen que superase a cantidade máxima de 6.000 euros.

“Este ano adica un total de 230.000 euros e o ano pasado 1.000.000 euros. Unha vez máis vemos como a Xunta non aposta pola cultura e como os que máis padecemos os recortes somos os concellos de menos de 20.000 habitantes, pois mentras que o ano pasado a Xunta aportaba o 80% do cache cun límite máximo de 6.000 euros, este ano aporta o 50% cun límite máximo de 2.500 euros”, explica García Bermúdez.

“Dende o goberno municipal de Trabada apostamos dende o primeiro momento por achegarlle a cultura aos nosos veciños. Durante a nosa etapa ao fronte do concello son múltiples as actividades culturais que temos realizado con fondos propios e coa colaboración inestimable doutras administracións”, engade.

“Reivindicamos a colaboración por parte da Xunta de Galicia, máis se cabe nun ano Xacobeo e cando fai actuacións culturais en toda Galicia de forma discrecional; parécenos inxusto que discrimine os veciños e veciñas dos concellos pequenos, pois temos o mesmo dereito a ter acceso á cultura que os veciños de vilas máis grandes; non é a forma de apostar polo rural”, remata a alcaldesa de Trabada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...