InicioOrientalTrabadaTrabada consegue unha subvención para rehabilitar parte da casa escola de Trabadela

Trabada consegue unha subvención para rehabilitar parte da casa escola de Trabadela

"Grazas ao esforzo do grupo de goberno temos esta nova subvención, unha axuda moi importante porque o obxectivo é o alugamento social dunha vivenda municipal ubicada no rural, mellorando desta forma os servizos do núcleo de Trabadela”, afirma a alcaldesa, Mayra García.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada conseguiu unha subvención do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para rehabilitar a primeira planta da casa escola de Trabadela, un inmoble de titularidade municipal.

O orzamento das obras de reforma é de 28.819,43 euros e a subvención obtida polo concello é de 25.937,48 euros. Unha vez rematada a actuación, a vivenda destinarase a alugamento social.

Grazas ao esforzo do grupo de goberno temos esta nova subvención, unha axuda moi importante porque o obxectivo é o alugamento social dunha vivenda municipal ubicada no rural, mellorando desta forma os servizos do núcleo de Trabadela”, afirma a alcaldesa.

O proxecto consiste na remodelación da vivenda para dotala de mellores condicións de habitabilidade, mediante o redimensionado da zona de día composta por salón-comedor-cociña e do baño, mentres que se manteñen os tres dormitorios existentes.

Grazas as reformas previstas, mellóranse as dimensións dos distintos espazos, dotándoos de maior funcionalidade e mellores condicións de accesibilidade. Tamén se melloran as condicións de habitabilidade da vivenda mediante a mellora do illamento das fachadas e a instalación dun sistema de calefacción.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...