Trabada recibirá a Marta Pedrosa e Acuae Puga, gañadoras do bronce no Nacional de Remo Olímpico

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, ofreceralles unha recepción oficial o próximo luns, día 4 de xullo, na que lles trasladará a súa noraboa persoalmente.

Consistorio de Trabada. GOOGLE MAPS

O Concello de Trabada felicita a Marta Pedrosa e Acuae Puga do Club Remeros del Eo tras lograr o bronce no Campionato Nacional de Remo Olímpico en categoría xuvenil.

O equipo fórmano estas dúas deportistas, unha delas de Ría de Abres (Trabada) e a outra de Abres (Vegadeo).

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, ofreceralles unha recepción oficial o próximo luns, día 4 de xullo, na que lles trasladará a súa noraboa persoalmente.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here