IniciosociedadeNovos aparellos biosaudables para as persoas maiores de Trabada

Novos aparellos biosaudables para as persoas maiores de Trabada

O equipamento sitúase na zona exterior da residencia e é específico para traballar a psicomotricidade, mellorar o benestar e a saúde física e mental das persoas maiores.

Publicada o

- Advertisement -

As persoas residentes dos Centro de Atención a Maiores (CAM) da Deputación de Lugo en Trabada xa dispoñen dun conxunto de aparatos biosaudables para facer exercicio que veu de instalar o Concello. O equipamento sitúase na zona exterior da residencia e é específico para traballar a psicomotricidade, mellorar o benestar e a saúde física e mental das persoas maiores.

En concreto, o Concello de Trabada instalou uns raís paralelos e un volante. Os primeiros serven para mellorar a forza muscular das extremidades superiores, ombros, peito e costas; e o segundo permite que dous usuarios á vez poidan traballar a coordinación e a flexibilidade.

“Tanto na Deputación de Lugo como no Concello de Trabada estamos comprometidos, e así o estamos a demostrar, co benestar dos nosos maiores. Temos claro que a atención ás persoas é prioritaria e traballamos de moitas maneiras para conseguilo”, sinalou a Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas e Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez.

García Bermúdez destacou que “neste caso, a instalación non supuxo apenas esforzo económico para o Concello, porque xa tiñamos as máquinas e reparámolas para poñelas á súa disposición, pero para os usuarios e usuarias desta residencia supón moito, porque poden exercitarse ao aire libre dentro do propio centro, mellorando a súa calidade de vida”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...