InicioOrientalTrabadaObras de ampliación no pavillón polideportivo de Trabada para aproveitar mellor as...

Obras de ampliación no pavillón polideportivo de Trabada para aproveitar mellor as instalacións

Neste verán, o concello organizou numerosas actividades deportivas e educativas, como foron o campamento de verán, as actividades para maiores de 12 anos ou a apertura da piscina municipal.

Publicada o

- Advertisement -

O concelleiro de Deportes e Saúde do Concello de Trabada, Rubén García, e a concelleira de Educación, Igualdade e Desenvolvemento Local, Julia Barcia, supervisaron no día de hoxe a execución das obras dos novos vestiarios no pavillón polideportivo de Sante.

O proxecto consiste na instalación duns vestiarios no pavillón polideportivo de Sante para lograr un maior aproveitamento das poibilidades deportivas, así como a substitución da porta principal por unha de maiores dimensións.

“Consideramos necesaria esta actuación para a parroquia de Sante, xa que ademais da realización de actividades deportivas, esta instalación é utilizada para actividades socioculturais por parte dos veciños e veciñas de Sante; engadimos esta actuación ás anteriormente feitas nesta mesma instalación, como foron a substitución da cuberta ou a substitución do alumeado”, lembra Rubén García.

“Estas actuacións únense a outras feitas polo noso goberno nas infraestruturas deportivas de Trabada, como foi a mellora e equipamento do ximnasio municipal e dos vestiarios do pavillón de Trabada, ou a construción da pista de pádel municipal; queremos ofertar un amplo número de servizos e actividades deportivas e saudables”, engadiu o concelleiro de Deportes e Saúde.

Neste verán, o concello organizou numerosas actividades deportivas e educativas, como foron o campamento de verán, as actividades para maiores de 12 anos ou a apertura da piscina municipal, que tivo que ser financiada con fondos propios do Concello debido á dificultade para encontrar socorristas que cumprisen os requisitos esixidos polo goberno autonómico.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...