InicioOrientalTrabadaVolven as actividades deportivas e saudables ao Concello de Trabada para todas...

Volven as actividades deportivas e saudables ao Concello de Trabada para todas as idades

O Concello de Trabada oferta aos seus veciños e veciñas unha actividade de ximnasia de mantemento que se impartirá no pavillón municipal. Esta actividade vai dirixida ás persoas adultas.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada retoma as actividades deportivas dirixidas a persoas adultas de diferentes idades, co obxectivo de promover os hábitos de vida saudables.

En concreto, o concello informa aos seus veciños e veciñas que dende o martes 4 de outubro reanúdase o programa “+ SÁUDE”, dirixido ás persoas maiores do municipio. 

“É un programa gratuíto e que levaremos ás parroquias do concello coa finalidade de facilitar o acceso de tódolos veciños e veciñas. A finalidade desta iniciativa é a de promover a autonomía das persoas maiores, e en consecuencia, mellorar a súa calidade de vida”, explica a alcaldesa, Mayra García Bermúdez.

Por outra banda, o Concello de Trabada oferta aos seus veciños e veciñas unha actividade de ximnasia de mantemento que se impartirá no pavillón municipal. Esta actividade vai dirixida ás persoas adultas. Toda persoa interesada deberá facer a inscrición nas oficinas municipais do concello antes do 30 de setembro. 

Así mesmo, o Concello de Trabada pon a disposición de nenos e adultos empadroados no Concello un servizo de transporte gratuíto para acudir a cursos de natación á piscina municipal de Ribadeo. Toda persoa interesada nesta actividade deberá facer a solicitude nas oficinas municipais antes do 30 de setembro.

“Dende que chegamos ao goberno, traballamos intensamente co único obxetivo de mellorar o noso concello e polo tanto, a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas; queremos que teñan as mesmas oportunidades con independencia do lugar no que vivan”, engadiu Mayra García.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...