InicioOrientalTrabadaInvestigan un veciño de Santiago como presunto autor do roubo dun ordenador...

Investigan un veciño de Santiago como presunto autor do roubo dun ordenador en Trabada

O suposto ladrón foi identificado despois de que tentase vender o computador a través de diferentes canles.

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil investiga un veciño de Santiago de Compostela, de 30 anos de idade, como presunto autor dun roubo no interior dun turismo estacionado na localidade lucense de Trabada.

Fontes policiais explicaron que o roubo tivo lugar o pasado mes de abril, cando o sospeitoso presuntamente subtraeu do interior dun vehículo varios efectos, entre eles un computador valorado en 10.000 euros.

O suposto ladrón foi identificado despois de que tentase vender o computador a través de diferentes canles. A Garda Civil localizou os efectos subtraídos e as dilixencias foron trasladadas ao xulgado de instrución número 2 de Mondoñedo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...