InicioOrientalTrabadaA alcaldesa de Trabada sinala que o Concello foi quen solicitou axudas...

A alcaldesa de Trabada sinala que o Concello foi quen solicitou axudas para arranxos na fachada da Casa Consistorial

“O único que fixo a Xunta neste mandato sen que eu o pedira foron dúas pasarelas, que ademais son un perigo porque a madeira é resbaladiza”, asegura a alcaldesa Mayra García Bermúdez.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, lembra que foi o concello quen conseguiu a subvención para pintar, reparar as humidades e selar as fendas e irregularidades da fachada da casa consistorial.

“Despois da falta de lealdade institucional por parte da Xunta de Galicia, posto que os representantes do PP de Trabada fixéronse eco nas redes sociais desta axuda concedida ao concello dúas semanas antes da súa notificación oficial, hoxe o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou as obras como se fosen unha iniciativa do goberno autonómico”, engade García Bermúdez.

A realidade é que, unha vez máis, foi a propia alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, a que considerou idónea esta convocatoria para o concello e a que encargou a realización da memoria técnica presentada. “Somos un goberno que planifica, que ten proxectos e que, en definitiva, traballa con previsión”, afirma.

“Tratábase unha vez máis dunha convocatoria en concorrencia non competitiva; neste caso abríase o prazo ás 12:00 horas e fumos os primeiros en tramitala, xa que o noso expediente foi o primeiro”, sostén a alcaldesa de Trabada.

A convocatoria das axudas, do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, estaba destinada á reparación de fachadas de edificios públicos. O orzamento da actuación é de case 30.000 euros, polo que o concello aportou uns 10.000 euros.

“O único que fixo a Xunta neste mandato sen que eu o pedira foron dúas pasarelas, unha delas aínda en execución e que son un perigo porque a madeira é escorregadiza e, ademais, onde se inicia a senda é nunha curva e hai pouca visibilidade; por outra parte, acumúlase xeo no inverno”, asegura Mayra García Bermúdez, que lamenta que “non se arranxara a estrada dese lugar como lle solicitamos en anteriores visitas ao delegado”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...